O PAI de Lousame celebrou unha festa de fin de curso cunha sesión de contacontos - Concello de Lousame
mod_migasdepan_HOME
Novas
Cultura
Novas
Novas Cultura

Novas Cultura

O Punto de Atención á Infancia (PAI) de Lousame celebrou esta semana unha festa de fin de curso. Alumnos e alumnas de entre 0 e 3 anos deste centro gozaron dunha amena xornada coa que despediron un intenso ano de actividades.

O persoal do programa de voluntariado xuvenil do Concello de Lousame ofreceu unha divertida sesión de contacontos para toda a cativada. Ademais, e como agasallo de despedida, fixeron entrega da orla do curso e tamén dun libro de Os Bolechas a cada alumno e alumna do PAI.

O Punto de Atención á Infancia de Lousame iniciará o novo curso escolar o vindeiro 2 de setembro. Son un total de 20 prazas as dispoñibles neste centro educativo para cativas e cativos de 0 a 3 anos.