Monstros no camiño, de Teatro Ghazafehos, o 17 de outubro na Casa da Cultura - Concello de Lousame
mod_migasdepan_HOME
Novas
Cultura
Novas
Novas Cultura

Novas Cultura

O próximo 17 de outubro celébras na Casa da Cultura o pase de Monstros no camiño, de Teatro Ghazafehos. O espectáculo comeza as 18:00 horas. 

Reserva de entradas: https://bandoticket.com/events/monstros-no-camino 

 

SINOPSE

Tres investigadores de Europa do leste viaxaron polo camiño de Santiago para desmontar os mitos dos seres ou fenómenos locais. Hoxe, farán un simposium para amosar os resultados da súa aventura. Con axuda dunha máquina da súa invención, serán capaces de convocar os distintos “monstros” dos que falan para amosar a súa falsidade ou non… Percorrerán unha chea de personaxes míticos dos distintos lugares por onde transcorre o camiño dende, Drácula, Lobisome… até as Meigas, a Santa Compaña, o Sacauntos… Todo baixo un humor absurdo do que Ghazafelhos nos ten acostumado facendo un espectáculo familiar que nos farán sentir cómplices da historia. Jorge Casas, Montse Piñón e Pepablo Patinho dan vida a catro científicos-aventureiros que investigan os monstros tradicionais do camiño de Santiago. Cunha escenografía adaptada a distintos espazos consistente nun pequeno carro-máquina, farán sketchs presentando os monstros dos que falarán.