A Escola Municipal de Música do Concello de Lousame conquista aos nenos e nenas de Educación Infantil do CPI Cernadas de Castro - Concello de Lousame
mod_migasdepan_HOME
Novas
Cultura
Novas
Novas Cultura

Novas Cultura

 Os nenos e nenas dos cursos de Educación Infantil do CPI Cernadas de Castro están a gozar da música nesta semana a través dunhas clases especiais postas en marcha polo director da Escola Municipal de Música do Concello de Lousame co obxectivo de achegar as súas leccións aos rapaces e rapazas de entre 3 e 5 anos.


A poucas semanas de rematar o curso escolar, a empresa que xestiona a Escola Municipal de Música achega o seu método ao alumnado do CPI Cernadas de Castro cunhas xornadas lúdicas e educativas de aproximadamente 25 minutos ao longo de toda a semana. As sesións comezan cunha canción de presentación e proseguen con actividades lúdicas e educativas.


O vindeiro 16 de xuño a Escola Municipal de Música de Lousame tamén celebrará unha xornada de portas abertas para que as familias coñezan de primeira man o funcionamento do centro e o método educativo. Se ben, é preciso notificar previamente dende o venres a través de Bando Ticket a asistencia a esta xornada para controlar a capacidade e manter todas as medidas de seguridade da Covid-19.

 Lousame-musica-2.jpg