Co gallo da celebración do Día das Letras Galegas de 2021 en homenaxe a Xela Arias, o Consello da Cultura Galega publica en edición facsimilar Non te amola!. É un relato das experiencias da autora aos nove anos, das que acontecen e das que lembra, e incluso das mentiras que se lle ocorren e que as veces poden ser o mellor do día.
Chega acompañado de estudo crítico a cargo da profesora Ana Iglesias e de sete ilustracións realizadas por Bea Gregores.
A edición completa pode consultarse e descargarse da páxina web do Consello da Cultura Galega a través desta ligazón.