ESCOLLE O TEU OFICIO: EMPREGOS EN VERDE - Concello de Lousame

ESCOLLE O TEU OFICIO: EMPREGOS EN VERDE

A Fundación Paideia Galiza en colaboración coa Asociación de Desarrollo Local Deloa, van poñer en marcha unha nova acción formativa, que leva por título ESCOLLE O TEU OFICIO: EMPREGOS EN VERDE e que está enmarcada no convenio asinado entre a Fundación Paideia e a Escuela de Organización Industrial (EOI).

A formación é gratuíta e está dirixida á persoas desempregadas de longa duración, que leven desempregados 12 meses dos últimos 18 meses. Dará comezo no mes de maio de 2022, cunha duración de dous meses.

Levarase a cabo nas instalacións da Fundación Paideia en Padrón e a parte máis práctica, terá lugar nas instalacións do Fogar do Santiso en Teo.