Como colaborar coa persoas refuxiadas de Ucraína - Concello de Lousame

Como colaborar coa persoas refuxiadas de Ucraína

O Concello de Lousame rexeita a invasión de Ucraína e o sufrimento, dor e destrución que está ocasionando, así como o éxodo forzado de millóns de persoas. A Xunta de Galicia xa puxo a disposición do Goberno central un milleiro de prazas de acollida en distintos centros para recibir a estes refuxiados da guerra en Ucraína. Deste milleiro de prazas, 584 proceden de centros da Xunta, 139 veñen a través de entidades sociais e outras 256 achegáronas os concellos galegos a través da FEGAMP. 

Se algún veciño ou veciña de Lousame desexa axudar e poñer algunha vivenda a disposición destas persoas, só ten que encher este formulario na Fegamp: https://www.fegamp.gal/solicitude-recollida-covid-19 

Se desexas colaborar doutra maneira, o Fondo Galego de Cooperación e Solidariedade, do que forma parte o Concello de Lousame, recomenda NON facer doazóns en especie nestes momentos. A razón é que eses alimentos e materiais de primeira necesidade serán máis útiles unha vez que as persoas refuxiadas cheguen a Galicia. 

Por iso, recomendan priorizar as achegas económicas, que se poden canalizar a través destas entidades: 

 Finalmente, na nosa comarca Cáritas organiza unha campaña de recollida de alimentos, material sanitario e produtos varios (biberóns, cueiros, pilas...) en solidariedade con Ucraína. Recollida no local de Cáritas en Noia (Malecón de Gasset, 16) de luns a venres (10:00 a 13:00 e 17:00 a 19:00 horas) e sábados e domingos pola mañá. Donativos en efectivo a través de Cáritas. Concepto: AXUDA A UCRAÍNA. Contas: BBVA: ES02-0182-0667-6002-0156-3613  // ABANCA: ES93-2080-5498-2130-4010-4048