O Concello de Lousame, anfitrión da sétima edición de ‘Os 100 do Barbanza’ - Concello de Lousame

O Concello de Lousame, anfitrión da sétima edición de ‘Os 100 do Barbanza’

O Concello de Lousame dará o pistoletazo de saída a 7º edición de ‘Os 100 do Barbanza’,que terá lugar o 25 e 26 de xuño. A proba deportiva, que abrangue os sete concellos: Lousame, Noia, A Pobra, Ribeira, Boiro, Rianxo e Porto do Son, foi presentada esta mañá na Casa da Cultura de Lousame.

A alcaldesa de Lousame, Teresa Villaverde, recibiu a Dorsal 001 da proba, felicitou á organización e mostrouse “encantada” de que este maratón deportivo de 24 horas comece e remate en Lousame.

‘Os 100 do Barbanza’ está organizada polo Club Deportivo International Trekkers Barbanza Sar e colaboran os sete concellos polos que discorres, ademais da mancomunidade Arousa Norte. Trátase dunha proba que pertence á Copa Galega de Andainas da Federación Galega de Montañismo e “un referente a nivel nacional”, salientou o presidente do Club Deportivo International Trekkers Barbanza Sar, Francisco Alcalde. Conta ademais con participantes de diferentes partes do mundo como Brasil, Uruguai ou Australia.

A proba consiste en camiñar ou correr un percorrido sinalizado de balizado de 100 km por sendeiros, camiños e pistas polos setes concellos do Barbanza, nun límite de 24 horas. Busca percorrer os lugares senlleiros da xeografía da comarca, ademais de pór en valor os aspectos turísticos e gastronómicos da comarca”, explicou o director técnico da proba, Xabier Boullón.

Logo dun parón de dous anos debido á pandemia do COVID19, esta edición arranca cunha “subida acumulada de 3.000 metros, un reto para os participantes” incidiu Xabier Boullón. Así, detallou o itinerario que seguirán os participantes atravesando lugares emblemáticos dende castros, como o de Baroña, pasando por petróglifos coma a Pedra da Serpe e praias coma a da Aguieira. Tamén terán a oportunidade de percorrer lugares de interese cultural, ao pasar pola antiga Fábrica de papel de Domingo Fontán de Lousame ou a igrexa de San Vicente.

O prazo de inscrición abrirase o próximo luns 28 de febreiro na web itrekkers.org e conta con 300 prazas. O custe da inscrición é de 55€ ata final de abril: logo terán un prezo de 75€.

 

Seguridade

Todos os participantes estarán xeolocalizados e ao longo dos 100 km de percorrido, haberá 10 avituallamentos ademais dun equipo médico e ambulancia. Como novidade, esta edición contará co asesoramento dun experto deportivo.

 

Os100dobarbanza lousame3

 

Os100dobarbanza lousame2

Sin título 600 450 px