Os meniños e meniñas do PAI de Lousame celebran unha Festa de Disfraces - Concello de Lousame

Os meniños e meniñas do PAI de Lousame celebran unha Festa de Disfraces

A vintena de nenos e nenas do Punto de Atención á Infancia de Lousame celebraron hoxe unha gran Festa de Entroido, que pon o broche de ouro a unha semana de actividades relacionadas co carnaval. Hoxe tocou o día de elaboraren os seus propios disfraces con materiais de reciclaxe, que foron elaborados polas súas mestras en colaboración cos propios pequenos.

Mañá sábado, o Concello de Lousame celebrará o seu tradicional Festival de Entroido no polideportivo municipal Pilar Barreiro Senra, que contará coa participación de 300 persoas en dúas quendas de 150 persoas cada unha: de 16:30 a 18:00 horas e de 18:30 a 20:00 horas. O Festival de Entroido contará con obradoiros, xogos e inchables para os máis pequenos da casa, así como degustación gratuíta de orellas, filloas e chocolate con churros para todas as persoas que asistan.

A concelleira de Cultura, Silvia Agrafojo, sinala que “nótase que hai gañas de Entroido e de volver á normalidade en xeral, como demostra que as entrada gratuítas para participar no festival levan esgotadas desde a semana pasada”.

PAILousameEntroido2