Trescentos veciños e veciñas participaron no Festival de Entroido de Lousame - Concello de Lousame

Trescentos veciños e veciñas participaron no Festival de Entroido de Lousame

Trescentos veciños e veciñas participaron no tradicional Festival de Entroido do Concello de Lousame, que tivo lugar este sábado de 16:30 a 20:00 horas no polideportivo municipal Pilar Barreiro Senra.

 

O Festival de Entroido contou con obradoiros, xogos e inchables para os máis pequenos da casa, así como degustación gratuíta de orellas, filloas e chocolate con churros para todas as persoas que asistiron. Estas 300 persoas organizáronse en dúas quendas, de 150 persoas cada unha, para desfrutar dunha festa de entroido sen aglomeracións.

 

Ao igual que en anos anteriores, non houbo Concurso de Disfraces, se ben desta vez non foi substituída polo Desfile de Disfraces para así evitar que as persoas presentes se xuntaran moito.

 

entroido2

 

entroido3