Os Bolechas. Carvalho Calero - Concello de Lousame

A editorial Bolanda, coa colaboración da Secretaría Xeral de Política Lingüística, pon a disposición dos máis pequenos da casa, un novo volume da colección As miñas primeiras Letras Galegas dedicado a Ricardo Carvalho Calero.

Os nenos e nenas galegos coñecerán, da man dos seus amigos Os Bolechas, o persoeiro a quen se lle dedicou este 2020 o Día das Letras Galegas e achegaranse a unha das súas obras narrativas fundamentais: Scórpio.