O Soño dos Contos - Concello de Lousame

A historia trata dunha nena, Xoana, á que non lle gustaba moito ler. Seu pai e súa nai poñen todo o empeño para que vaia collendo gusto aos libros e incremente o interese pola lectura.

Unha tarde chegou ao pobo unha fada dos contos, Anduriña, que se adica a percorrer todo o mundo co gallo de fomentar a lectura e a educación en valores. Esa tarde Xoana, por vontade de seu pai e súa nai, tivo que asistir á actividade. Ao principio foi con poucas ganas, pero grazas á fada comezará a espertar o seu interese polos contos.

O soño dos contos ofrece unha relación directa coa lectura mediante a expresión oral, e potencia valores tan importantes como a amizade, a xenerosidade, a responsabilidade, o respecto, o esforzo e a constancia.

Máis información en: http://www.xoreteatro.es/o_sono_dos_contos/