Xornadas de light Painting - Concello de Lousame

O Concello de Lousame convoca unhas xornadas gratuítas de Light Painting para aprender a facer fotografías con pouca luz

O Concello de Lousame, en colaboración co colectivo Olláparo, organiza unhas xornadas de “Light Painting” no que o alumnado aprenderá a facer fotografías con pouca luz. Unha actividade de carácter gratuíto, subvencionada pola Consellería de Política Social, e que se encadra dentro do proxecto “Mocidade creativa en Lousame”.

Estas xornadas terán lugar os venres pola tarde/noite e os sábados pola mañá na Casa da Cultura “Santeiros de Chave”. Para inscribirse é preciso chamar ao teléfono 981 825 780 ou dirixirse ao correo electrónico Este enderezo de correo está a ser protexido dos robots de correo lixo. Precisa activar o JavaScript para velo. antes do mércores 13 de setembro. As clases darán comezo o sábado 16 de setembro.

O “Light Painting” é unha técnica fotográfica que consiste en “pintar coa luz” a través dunha exposición prolongada e pola que amosaron o seu interese o alumnado do Obradoiro de Fotografía de Lousame, que o pasado mes de maio xa propuxeran a posibilidade de practicar a fotografía nocturna. Unha petición que foi recollida pola concelleira de Xuventude, María Regenjo, quen se comprometera a seguir organizando novos cursos tanto para que o alumnado mellore como para que se sume máis xente ao mundo da fotografía.