Clasificados do Concello de Lousame no Torneo de Xadrez de Nadal - Concello de Lousame

O Concello de Lousame envía as medallas aos seis nenos que participaron en representación municipal no Torneo de Nadal de Xadrez

Na competición, que se celebrou online, participaron máis de 30 nenos e nenas das comarcas do Barbanza e Santiago

Lousame, 2 de febreiro de 2021.- O departamento de Deportes do Concello de Lousame enviou aos domicilios dos nenos lousamiás que xogaron a terceira edición do Torneo de Nadal de Xadrez as medallas e trofeos que recoñecen a súa participación no certame. Ante as restricións e medidas de seguridade establecidas para frear a curva de contaxio da Covid-19, o equipo de goberno de Lousame decidiu enviar a través do correo estes recoñecementos para evitar calquera tipo de contacto.

A competición desenvolveuse nunha única fase, o pasado 26 de decembro, e tivo lugar a través das plataformas dixitais. No torneo participaron máis de 30 nenos e nenas das escolas dos concellos do Barbanza e da área de Compostela.

O Concello de Lousame recoñeceu a nivel local a clasificación dos seis nenos participantes. Neste caso, ademais, o neno que ocupa a primeira posición do ránking local, Nicolás Outeiral, tamén se alzou co terceiro posto na clasificación xeral.

A clasificación xeral quedou como segue:

1.- Noel Casares (18 puntos)

2.- Sergio Calvo (16 puntos)

3.- Nicolás Outeiral Suárez (15 puntos)

A nivel local, na categoría  Sub-14 a clasificación foi a seguinte:

1º.- Nicolás Outeiral Suárez (15 puntos)

2º.- Daniel Boo Miguéns (14 puntos)

3º.- Pedro Fernández Rey (13 puntos)

4º.- Marcos Regueira Miguéns (6 puntos)

E na categoría Sub-10 a clasificación foi esta:

1º.- Xoel Ferreirós Rodríguez (9 puntos)

2º.- Manuel Fernández Moledo (7 puntos)

As clases de xadrez que se imparten no concello de Lousame son online dende que comezou a pandemia, e os nenos e nenas que practican esta disciplina descenderon nun 50% neste novo curso –pasando de 13 alumnos e alumnas a 6-.