Por un Verán en Igualdade - Concello de Lousame

Bo día, desde Igualdade da Deputación da Coruña queremos desexarvos un Feliz Verán e darlle continuidade á campaña en festas pola Igualdade iniciada no Nadal, para o que pedímosvos a colaboración para difundir O decálogo "Por un Verán en Igualdade".

O verán é tempo de diversión, descanso e desconexión. É tempo de respectar os corpos, rexeitar os canóns de beleza, de non ser cómplices ante os comentarios sexistas e de denunciar calquera forma de violencia contra as mulleres e a diversidade sexual. Tamén é unha época onde as tarefas de coidados de menores e maiores supón dificultades de conciliación, polo que é importante que sexamos mais corresponsables e favorezamos o respiro das persoas que os fan habitualmente.

É un tempo de oportunidades para coidar conscientemente a nosa linguaxe de xeito inclusivo, para educar en igualdade desde a familia, procurar novos modelos de entender a masculinidade e de ser responsables ante a situación actual que estamos vivindo, que incide especialmente nas desigualdades sociais e de xénero.

Podes colaborar na sensibilización, difundindo, imprimindo e compartindo nas redes o decálogo.Emprega os cancelos #Porunveránenigualdade, #DeputacióndaCoruña ou #DeputaciónCoruña.

Para descargar os materiais preme aquí