A Casa da Cultura de Lousame acollerá o obradoiro gratuíto “Expresarte: música + diversión”, organizado por ASGPOH - Concello de Lousame

Dirixido a nenos e nenas de 6 a 12 anos

7 de febreiro de 2019- A Casa da Cultura de Lousame acollerá o sábado 16 de febreiro, ás 17:00 horas, o obradoiro gratuíto “Expresarte: Música + Diversión” dirixido a nenos e nenas de entre 6 e 12 anos de idade. Uns talleres organizados pola Asociación Galega de Heteroplasia Ósea Progresiva (ASGPOH), en colaboración con EmanArte e o Concello de Lousame.

A participación no taller é totalmente gratuíta, se ben o número de prazas é limitado polo que é preciso inscrición previa no teléfono 636 485 137 ou no mail Este enderezo de correo está a ser protexido dos robots de correo lixo. Precisa activar o JavaScript para velo.. Os obradoiros serán impartidos pola soprano e violonchelista noiesa Esperanza Mara, a través da súa empresa EmanArte.

Ver imaxe en tamaño completo