Semana do debuxo na Ludoteca de Verán de Lousame - Concello de Lousame

8 de agosto de 2018.- Os nenos e nenas participantes na programación da Ludoteca de Verán do Concello de Lousame están dedicando esta semana ao debuxo. As distintas actividades, supervisadas por persoal de monitoraxe, están orientadas a que utilicen toda a súa imaxinación para expresarse sobre o papel.

Unha vez preparadas as creacións, comparten o seu contido cos compañeiros e compañeiras explicando cada debuxo. Deste xeito, dun xeito divertido e entretido foméntase a expresividade da infancia e a verbalización de emocións e pensamentos ante os demais. Para as familias, este tipo de propostas serven ademais para compaxinar a súa actividade cotiá coas vacacións escolares.