O Concello de Lousame e Cruz Vermella organizan sete obradoiros gratuítos de decoración da Nadal para adultos - Concello de Lousame

4 de decembro de 2017.- O Concello de Lousame e Cruz Vermella colaboran na organización de sete obradoiros gratuítos de decoración de Nadal para adultos, que se impartirán ao longo da próxima semana nos distintos locais sociais das parroquias. Uns obradoiros abertos á participación de toda a veciñanza de Lousame e que serán totalmente de balde, previa inscrición no Concello (981 820 494).

Os obradoiros terán lugar durante a próxima semana, en concreto os días 12, 13 e 15 de decembro e serán impartidos por persoal da Cruz Vermella. Así, o martes 12 de decembro as sesións terán lugar nos locais sociais do Sanguiñal (10:00 horas), Vilacova (10:15 h) e Lesende (11:30 h). O mércores 13 os talleres levaranse a cabo nos locais sociais de Camboño e Escabia, en ambos casos ás 10:30 horas. Os últimos obradoiros terán lugar o venres 15 de decembro, ás 10:00 horas, nos locais sociais de Aldeagrande e Cruído.

Os obradoiros incluirán a realización de diversas manualidades, tales como postais ou bolsas decorativas. Unha iniciativa enmarcada dentro da colaboración do Concello de Lousame e a Cruz Vermella, que ao longo do ano se traduce en actividades a prol do envellecemento activo da veciñanza co obxectivo do seu beneficio físico e psíquico.