Taller de decoración de Nadal - Concello de Lousame

Durante o mes de decembro, o Concello de Lousame e a Cruz Vermella van organizar varios Obradoiros de Decoración de Nadal, abertos a todas as persoas que queiran participar. Só é preciso anotarse no Concello (981 820 494). A previsión é facer talleres nos locais sociais de Vilacoba, Lesende, Escabia, Camboño, Aldeagrande e Cruido, así como na escola do Sanguiñal. Nos próximos días detallaremos día, hora e local social. De momento só está fixado o do vindeiro 13 de decembro, ás 10:30 horas, no local social da Escabia.