Lousame celebrará mañá xoves un pleno extraordinario e urxente para a aprobación e envío da Conta Xeral de 2016 - Concello de Lousame

9 de outubro de 2017.-

O Concello de Lousame celebrará mañá martes 10 de outubro, ás 9:00 horas, unha sesión plenaria extraordinaria e urxente para a aprobación e envío da Conta Xeral 2016. A sesión desenvolverase de acordo coa seguinte Orde do Día:

  1. Ratificación da urxencia da sesión
  2. Toma de coñecemento da renuncia de Silva Cao Tubío ao seu cargo de concelleira, declaración de vacante e petición de nomeamento de substituto á Xunta Electoral Central.
  3. Aprobación da Conta Xeral 2016.
  4. Dación de conta do Informe de Interveción 218 TRLRHL (texto refundido da Lei Reguladora das Facendas Locais).