Últimas prazas para participar na terceira edición da Ruta Nocturna organizada polo voluntariado de Lousame - Concello de Lousame

Os integrantes da asociación de voluntariado de Lousame organiza por terceiro ano consecutivo a súa terrorífica “Ruta nocturna”, que terá lugar na noite do 23 de setembro. Unha iniciativa na que poderán participar un total de 200 persoas, que deberán anotarse na Casa da Cultura de Lousame, no 650 859 729 ou a través do Facebook de AVAD Lousame. Nos cinco primeiros días de inscrición xa se cubriron máis de 150 prazas.

A ruta comezará ás 21:00 horas do 23 de setembro e transcorrerá entre Vilar de Tállara e Merelle. Durante ese camiño, os sendeiristas, que deberán ir equipados con lanternas e chalecos reflectantes, deberán afrontar todo tipo de situacións e sorpresas a cargo dos e das  integrantes do voluntariado de Lousame, que buscarán en todo momento asustar aos participantes.

Esta “III Ruta nocturna” está organizada polos voluntarios e voluntarias de Lousame, en colaboración co Concello de Lousame, Iniciativa Xove e a Dirección Xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado.