Obradoiro de cestería para a rapazada do Lousame Concilia - Concello de Lousame

Os trece nenos e nenas que participan na ludoteca de Semana Santa do programa Lousame Concilia participaron na xornada de onte mércores nun obradoiro de cestería, no que elaboraron cadanseu cesto de vimbio. A rapazada aprendeu a técnica tradicional para elaborar unha destes cestos e hai que recoñecer que se lles deu bastante mellor que aos maiores que participaron nun obradoiro semellante hai un par de anos.

Este obradoiro é o segundo organizado polo Lousame Concilia, despois dun obradoiro de repostería. A programación rematará o vindeiro luns 18 de abril cun obradoiro de elaboración de velas e un xogo de busca do tesouro. Lousame Concilia está organizado polo Concello de Lousame e conta coa colaboración da Secretaría Xeral de Igualdade da Xunta de Galicia.

 

LousameConciliaCesteria2

LousameConciliaCesteria3

LousameConciliaCesteria4