Lousame festexará a chegada das súas Maxestades os Reis Magos de Oriente - Concello de Lousame

O martes 5 de xaneiro o Concello de Lousame festexará a chegada das súas Maxestades os Reis Magos de Oriente. Está previsto que a comitiva real chegue a primeira hora da mañá. A recepción terá lugar na Casa Da Cultura a partir das 10:30 H ata ás 19:00 H. As súas maxestades recollerán as cartas e escoitarán os desexos das nenas e dos nenos que acudan.

#CULTURASEGURA

FAI A TÚA RESERVA PARA A RECEPCIÓN EN: https://bandoticket.com/es/events/recepcion-cos-reis-magos-lousame