O Concello de Lousame inicia unha campaña de recollida de alimentos polo Nadal - Concello de Lousame

O Concello de Lousame pon en marcha unha recollida solidaria de alimentos para as familias necesitadas do municipio.

 

As persoas e entidades interesadas en colaborar nesta campaña municipal poden entregar as súas doazóns na casa consistorial de Lousame ata o próximo venres 24 de decembro. Os alimentos recollidos serán repartidos entre as familias máis necesitadas do municipio.

 

Esta campaña busca recoller alimentos básicos como leite, aceite, azucre, pasta, arroz, legumes, conservas... sempre que non estean caducados, non teñan superado a data de consumo preferente e estean debidamente empaquetados e etiquetados. A maiores, tendo en conta as datas nas que nos atopamos, tamén se solicitan produtos de Nadal.